"Teófilo Gautier"

"É unha labor moi difícil ganhar o afecto dun gato; será teu amigo se sinte que es digno da sua amizade, pero non teu escravo."


Noticias A presidenta de Gatuchinhos asina o convenio.

Publicado el abril 15th, 2016 | por Gatuchinhos

2

Gatuchinhos asina o convenio para a xestión de colonias felinas co Concello da Coruña

Contacto:

GATUCHINHOS vimos de asinar hoxe un convenio de colaboración co Concello da Coruña para participar no proxecto de creación de colonias felinas controladas no Barrio das Flores.

Trátase dun proxecto pioneiro na cidade no que participan solidariamente diversos colectivos, dende grupos animalistas ata 14 clínicas veterinarias locais, e no que nós poremos o noso gran de area para que estes gatos poidan disfrutar dunha vida máis digna.

É o primeiro paso para rematar coa única política de erradicación dos gatos que se estaba a realizar na cidade ata o momento, e agardamos que este proxecto piloto desemboque na realización de novas colonias, para que A Coruña sume o seu nome ao doutras cidades coma Vitoria-Gasteiz, Roma, ou Londres, que xa desenvolven este tipo de programas éticos con grandes resultados, mellorando o benestar non só dos felinos, senón tamén do conxunto da cidadanía.

A labor de GATUCHINHOS neste proxecto consistirá na coordinación da colonia, na que coa axuda dos voluntarios, tanto os nosos coma as persoas que adican os seus esforzos a alimentar as colonias na actualidade, e desexamos que se unan ao proxecto, velaremos polo benestar dos gatos, vixiando tanto a súa saúde coma a súa alimentación nas casetas que proverá o concello e servirán de refuxio para os animais.

Tamén colaboraremos xunto ao concello e outros colectivos animalistas na comunicación aos veciños das vantaxes que suporá para todos a creación deste tipo de proxectos, xa que se esperan eliminar os inconvintes que pode supor unha colonia de gatos non controlada para parte da veciñanza, coma a comida dispersa polo barrio ao non contar cun lugar específico para a mesma, ou as pelexas provocadas polo celo, que rematarán trala esterilización dos gatos realizada polas clínicas veterinarias e o concello seguindo o protocolo CES (Captura-Esterilización-Solta).

Tódalas persoas que desexen botar unha man pódense comunicar connosco a través de gatuchinhos@gmail.com, ou mediante mensaxe privada a través do Facebook. Pódese axudar de moitas formas, dende a propia alimentación e vixiancia dos animais, a limpeza das casetas, ou mesmo mediante a doazón de penso seco ou area para os areeiros, a cal xa se pode facer actualmente achegándonolo á Taberna Vegetariana Gaia (Rúa Orzán, 206-208, esquina coa Praza de Pontevedra), ou Kuak Viajes (Rúa San Nicolás, 4).



2 Responses to Gatuchinhos asina o convenio para a xestión de colonias felinas co Concello da Coruña

  1. Ernesto says:

    Está operativa alguna caseta en el Barrio de las Flores actualmente? Esta semana tuve que vérmelas con la Policía Local y 3 mujeres muy enfadadas por alimentar gatos…

    • Gatuchinhos says:

      Ola Ernesto. Para informarte das colonias do Barrio das Flores, terás que poñerte en contacto con Medioambiente, xa que Gatuchinhos non estamos no barrio desde hai máis de un ano. Tivemos que deixalo no seu momento por numerosos motivos.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Volver arriba ↑

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR