"Teófilo Gautier"

"É unha labor moi difícil ganhar o afecto dun gato; será teu amigo se sinte que es digno da sua amizade, pero non teu escravo."


Noticias cats-crop

Publicado el enero 16th, 2018 | por Gatuchinhos

0

Balance 2017

Contacto:

O ano 2017 foi un ano moi bo para as adopcións. Atoparon casa Margarita, Monchiño, Elvis, Tomy, Penélope, Dilly, Sir Muffin, Horus, Hathor, Perejil, Killy, Domenico, Calíope, Rosa, Tortitas e Satancito, o mesmo número de gatos que se xuntamos os de 2015 con 2016. E todos foron para casas xeniais!

Salvamos a catro gatos dun desafiuzamento e seguimos coidándoos mentras o seu humano non poda asentarse e recuperalos.

Estivemos no centro comercial Marineda City nun posto informativo onde se nos sumou xente estupenda ao noso voluntariado.

Creamos o calendario solidario 2018 con fotografías realizadas por NwNPhoto² e coa colaboración de Aspronaga³, o cal podedes seguir adquirindo por 6’50€ en varios puntos de venda: https://www.facebook.com/Gatuchinhos/photos/a.1544725005802280.1073741828.1540848726189908/1999249910349785/?type=3&theater

Por desgraza, tivemos que abandonar o proxecto de colonia felina controlada en colaboración co concello de A Coruña, debido á inviabilidade de atopar voluntarios dispostos a colaborar no proxecto e á problemática da zona.

Tivemos un total de ingresos de 2554.01€ e de gastos de -2330.39€, nas gráficas mostramos as porcentaxes de onde proveñen os nosos ingresos e a onde os destinamos.¹

 

Para o 2018 desexaríamos que se adoptasen moitos máis gatos, que se unise máis xente ao voluntariado e, sobre todo, que se controlasen o maior número de colonias felinas mediante o método CES. Queremos seguir facendo moito máis e mellor e para iso precisamos a vosa axuda.

Moitas grazas a tod@s!

¹Na gráfica de gastos pon “rescates”, eses cartos foron destinados a pagar un guindastre para sacar un gato dunha árbore no barrio das Flores.

² http://noswhynot.org/

³ http://www.aspronaga.net/

 



Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Volver arriba ↑

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR