"Teófilo Gautier"

"É unha labor moi difícil ganhar o afecto dun gato; será teu amigo se sinte que es digno da sua amizade, pero non teu escravo."


Noticias 11

Publicado el abril 18th, 2018 | por Gatuchinhos

2

Coñece ao noso voluntariado: Verónica

Contacto:
  • Por que decidiches ser voluntaria?

Contactei con Gatuchinhos por una gata da colonia que alimentaba, que estaba maliña, e me pareceu que era un paso máis para axudar aos gatos rueiros.

  •  Como coñeciches Gatuchinhos?

Polo Facebook.

  •  Que labor realizas como voluntaria?

Acudo diariamente a un piso no que temos gatos recollidos pendentes de adopción. Aliméntoos, doulles a medicación cando corresponde, ocúpome da limpeza de areeiros, etc… pero sobre todo mímoo e xogo con eles, proporciónolles compaña humana mentres non atopan un fogar.

  •  Canto tempo lle dedicas?

Vou todas as mañás. Adoito estar ao redor de dúas horas alí, pero depende do día.

  • Houbo algún caso que te marcase en particular? Algún no que viras un cambio real?

Todos os casos te afectan. Tiven unha gatiña recollida da rúa moi maliña. Morreu aos sete meses pero a pesares de levar toda a súa vida na rúa e levar moi mala vida, acabou por socializarse e aceptar mimos. Sempre se nota o cambio, aínda que ás veces sexa pequeno e leve máis tempo. Tamén é certo que hai casos nos que cando chegas ao gato xa é demasiado tarde para curalo e só se lle pode dar a mellor vida posible no tempo que viva.

  • Ten gratificacións ser voluntaria?

Moitísimas. Ver como unha gata con medo vai descubrindo as bondades de estar acollido, cos seus mimos, os seus xogos e a súa comida rica. Encontrarlle una familia definitiva a un gatiño abandonado. O cariño dos gatos que veñen a recibirte á porta ou te lamben coma a un igual.

  • Cres que son necesarias, en xeral, máis persoas voluntarias?

Por suposto. Pero sobre todo, máis persoas mentalizadas do que sofren a diario os animais da rúa. Atropelos, envelenamentos, etc… se a xente fose máis consciente do que viven os gatos na rúa habería máis voluntarios, máis casas de acollida, etc…

  •  Que cres que precisa máis nestes momentos a asociación?

Casas de acollida. A asociación non pode atender todas as demandas de axuda que lles chega porque non ten un refuxio onde acoller aos gatos e os voluntarios xa non teñen mas espazo nas súas casas.

  • Que tipo de persoa cres que se precisa para ser voluntaria en Gatuchinhos?

Unha persoa que adore os gatos e sexa responsable.

  • Que cres que deberían facer as entidades públicas polos animais non humanos?

Concienciar, o primeiro, axudar aos que xa axudan (protectoras, asociacións) con subvencións, multas por maltrato animal de máis elevadas,…



2 Responses to Coñece ao noso voluntariado: Verónica

  1. M says:

    ¡Gran labor!

  2. Loly says:

    Moitas grazas por todo o que facedes!!!

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Volver arriba ↑

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR