"Teófilo Gautier"

"É unha labor moi difícil ganhar o afecto dun gato; será teu amigo se sinte que es digno da sua amizade, pero non teu escravo."


Noticias ivonne

Publicado el junio 27th, 2018 | por Gatuchinhos

0

Coñece ao voluntariado: Ivonne

Contacto:
  •  Por que decideches ser voluntaria? 

Despois de ver a necesidade de xente que teñen as protectoras para desempeñar a súa labor o mellor posible.

  • Que labor realizas como voluntaria?

Nestes momentos levo o mail de Gatuchinhos. Estou pendente das entradas de correo,paso aviso á xunta directiva e encárgome,na maioría dos casos,de contestalos coas pautas que me dan. Dedícolle un rato cada día.Depende sempre da cantidade de movimento que haxa nos correos.

Tamén boto unha man facendo seguimentos dalgúns adoptados en Apadan.

  •  Houbo algún caso que te marcase en particular? Algún no que viras un cambio real?

Sempre ves cambios nos animais que recolles. Ás veces son avances moi pequenos, hai algúns que seguen con medo aos descoñecidos durante o resto da súa vida, pero sempre hai unha mellora que se reflexa no seu comportamento, volven a ser felices e a disfrutar da vida.

E logo están os cambios físicos. Recuperan brillo no pelaxe,as forzas que antes lles faltaban, alegría na mirada…

Eses cambios xa chegan para que compense ser voluntaria.

  •  Cres que son necesarias, en xeral, máis persoas voluntarias?

Si, moitas máis. Penso que todos deberíamos esforzarnos por facer algo polos que máis o necesitan. Se viven un inferno é por culpa do ser humano, polo menos axudemos no que se poida para revertir esa situación.

  • Como coñeciches Gatuchinhos e como decidiches ser voluntaria?

Por facebook. Logo coñecín á presidenta e decidín axudar cando o necesitou.

  • Que cres que precisa máis nestes momentos a asociación?

Casas de acollida e colaboradores económicos. Ambas cousas son esenciais para o desenvolvemento da asociación.

  • Que tipo de persoa cres que se precisa para ser voluntaria en Gatuchinhos?

Alguén responsable, que teña tempo para adicarlle á asociación e que respete aos animais non humanos.

  • Que cres que deberían facer as entidades públicas polos animais non humanos?

Dar subvencións ás asociacións que están facendo unha labor de recollida e rehabilitación de animais abandonados ata atoparlles unha casa ou proporcionándolles unha vida digna ata o fin dos seus días a todos os que desgraciadamente non atopan a esa familia que tanto necesitan.

Educar no respeto a todos os animais non humanos. Da igual que che gusten ou non, respeta as vidas dos que che rodean sen importar a súa especie.

E perseguir e castigar de verdade o maltrato.Non mirar para outro lado nunca.

 

Imaxe de Ivonne e  a súa adorábel familia creada por Veruska Maceiras.



Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Volver arriba ↑

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR