"Teófilo Gautier"

"É unha labor moi difícil ganhar o afecto dun gato; será teu amigo se sinte que es digno da sua amizade, pero non teu escravo."


Noticias mar3

Publicado el diciembre 1st, 2018 | por Gatuchinhos

0

Comece ao voluntariado: Mar

Contacto:
  • Como coñeciches Gatuchinhos?
    Por Facebook.
  • Por que decideches ser voluntaria?
    Tras adoptar ás miñas gatas nunha protectora e ser casa de acollida un par de veces, intereseime polo traballo que realizan tanto as protectoras como as asociacións de defensa dos animais e quixen colaborar. No caso de Gatuchinhos, informeime da labor que desenrolaban e vin que podía encaixar .
  • Que labor realizas como voluntaria? 
    Acudo diariamente ao piso no que temos gatos recollidos pendentes de adopción para alimentalos, limpar a area, darlles medicación cando é preciso, xogar con eles…  Adícolle ao redor dunha hora diaria.
  • Houbo algún caso que te marcase en particular?
    Temos en Gatuchinhos un gato -Coal- cun problema de ouvido que estivo varios meses sen socializar, nin cos outros gatos nin connosco, e que pasaba o día agachado no seu transportín. Moi pouco a pouco, e coa axuda dos outros gatos – sobre todo dos máis pequenos – empezou a abrirse a eles e a nós. Agora é un dos gatos máis agarimosos, e a proba de que con paciencia e respecto, conséguese todo.  Ver como se transforman os gatos que entran bufando, agachándose, con medo nos ollos… e rematan durmindo no teu colo, dándoche agarimo, saíndo adiante no caso dos gatos enfermos… Cando saen pola porta para as súas casas definitivas, vaise con eles un cachiño da túa vida, porque se crean vínculos moi fortes, pero velos felices é a mellor recompensa.
  • Cres que son necesarias, en xeral, máis persoas voluntarias?
    Si, e máis concienciación, para que a nosa labor non sexa necesaria; hai que esterilizar, hai que vacunar e chipar aos animais, e hai que ser responsable. A meirande parte dos animais que rematan nas protectoras – cando teñen esa “sorte” e non a de rematar debaixo dun coche, ou en mans de maltratadores – proveñen de camadas indeseadas, de “agasallos de Nadal”, de donos que abandonan ó animal cando se pon enfermo, ou medra máis do que esperaba, ou simplemente cando se comporta coma o animal que é – por exemplo, rascando un moble – en vez de ser o peluche que pensan que debería ser.
  • Que cres que precisa máis nestes momentos a asociación?
    Adopcións, por descontado, e casas de acollida, xa que estamos saturados.
  • Que tipo de persoa cres que se precisa para ser voluntaria en Gatuchinhos?
    Unha persoa responsable e comprometida coa defensa animal. A alguén que non poida ter gatos na casa resultaríalle moi gratificante poder compartir un ratiño tódolos días cos gatos do piso ou alimentando colonias. Pero hai moitas outras formas de axudar, na medida do posible para cada un (colaborando cos mercadillos, sendo casa de acollida…)
  • Como cres que deberían actuar as administracións públicas?

    Concienciando á xente, colaborando coas protectoras e asociacións, deixando de apoiar o maltrato animal (tanto na maioría das explotacións gandeiras como na tauromaquia, nas festas nas que está presente o maltrato…) e potenciando as actitudes máis ecolóxicas, baixando ó IVA ás facturas veterinarias…



Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Volver arriba ↑

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR