"Teófilo Gautier"

"É unha labor moi difícil ganhar o afecto dun gato; será teu amigo se sinte que es digno da sua amizade, pero non teu escravo."


Valhalla

Publicado el abril 19th, 2016 | por Gatuchinhos

0

Garfield

Sexo: Macho | Edad: Adulto | Contacto: gatuchinhos@gmail.com

Garfield. A historia de tódalas historias.

Nos tempo que Gatuchinhos leva traballando para axudar aos gatos de rúa, poucas veces tiñamos visto casos tan crueis coma o de Garfield.
Este gato loiro e bonachón é a viva imaxe dunha problemática de “indiferenza aprendida” que, por desgracia, está extendida e instaurada na inmensa maioría das cidades do mundo.
Garfield algún día tivo unha familia, coma todos, humáns e animais. Máis por circunstancias que descoñecemos, foi dar cos seus osiños nunha urbanización da Coruña, xa de adulto.
Unha rapaza de bo corazón vixiouno e tratou de protexelo durante moito tempo, ata que novamente desapareceu da súa vista, para ós poucos días voltar ás rúas con inmunodeficiencia felina.
Por dúas veces este gato coñeceu, queremos crer, o amor e a compasión. E por dúas veces foi abandoado.
Nin as feridas, nin o cada vez máis decadente aspecto que presentaba foron suficientes coma para que alguén se fixase nel e lle brindase unha oportunidade. Vagaba pola rúa, á vista de todos, exactamente igual que moitos outros sen que ninguén reparase neles.
Garfield coñeceu a cara menos amable da humanidade durante a meirande parte da súa vida. Viu mencer demasiadas veces e anoitecer outras tantas coa única compaña dun frío e dunha fame insoportables. Non houbo para el compasión, dignidade nin amor.
Garfield é un refuxiado, un desterrado deste mundo dos máis fortes. Un ser apartado da sociedade. O seu único erro foi nacer.

A sociedade na que vivimos precisa cada vez con maior urxencia unha conciencia máis esperta no concercinte aos animais. Todo ser con capacidade de sofremento debe ser axudado, sen importar o seu sexo, a súa raza, relixión, condición. Só así melloraremos coma individuos e coma colectivo. A axuda aos demáis é innata en nós, os humáns. Qué sería do noso mundo se uns aos outros nos nos tivésemos axudado?
Garfield só é un gato de rúa. Pero a súa historia é a historia de tódolos gatos da rúa. A historia de todos nós.
Axudásnos a mudar esa historia?
Adopta a un gato de rúa. Adopta a Garfield.



Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Volver arriba ↑
  • Tenda On-line

  • Colabora con nós

  • Noticias

    Nico

    Domenico Coruño (Nico para os amigos) é un gato adulto, a pesares do seu pequeno tamaño. Cremos que foi atropelado dúas veces Más →

    Mico

    A Mico atopouno unha voluntaria. Estaba en moi mal estado, nunha carretera. Cando o recollimos vimos que o seu estado era moito Más →

    Hendrix

    Hendrix era un gatuchinho de apenas uns días de vida. Foi atopado diante da roda dun coche a piques de arrincar. Conseguiu Más →

  • Síguenos en facebook

  • Login de usuarios

    Registrar| ¿Olvidó su clave?


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies